Actualidade

A represión das mestras. María Vázquez Suárez

O luns 8 de xuño ás 20.00 horas recibimos á investigadora e catedrática Aurora Marco que nos ofrecerá a palestra A represión das mestras. María Vázquez Suárez.

Neste relatorio analizarase como as docentes da Segunda República se converteron nun obxectivo prioritario e nun evidente perigo para a ditadura franquista. Tal e como expón Aurora Marco, estas mulleres foron vitais para reducir as taxas de analfabetismo, especialmente nas zonas rurais, e pertencían ás primeiras xeracións con estudos universitarios. Por este motivo, moitas foron apartadas da docencia e outras, como a pioneira e licenciada María Vázquez, foron asasinadas.

Aurora Marco, referente indiscutible e galardoada co Premio Galiza Mártir ou o Mestre Mateo, debullará as claves da súa investigación para rescatar do esquecemento a historia destas mulleres fundamentais.

Este acto, organizado pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica, será presentado por Beatriz Amigo.

Podes inscribirte na web:

https://acalexandreboveda.gal/event/a-represion-das-mestras-maria-vazquez-suarez

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *