O Concello da Coruña acorda convocar o Consello Municipal de Memoria Democrática
No pleno municipal celebrado na mañá de hoxe en Maria Pita, e por iniciativa da concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, Mercedes Queixas, acordouse cos votos a favor do BNG e máis do PSOE e a absención do Partido Popular, actualizar e convocar o Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña.
En concreto o pleno, adoptou ao respecto, os seguintes acordos:
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña solicitamos xa en varias ocasións a convocatoria deste Consello de Participacipación. A última vez o pasado 11 de novembro, dia que presentamos no rexistro municipal do concello o seguinte escrito:
Durante o pleno de hoxe, houbo diferentes referencias aos debates que se realizaron durante as Xornadas de Memoria que organizamos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, con motivo da celebración do 20 aniversario da nosa asociación.
A CRMH da Coruña celebra o acordo municipal de hoxe, xa que resulta urxente abordar e resolver as cuestións pendentes en materia de Memoria que incomprensiblemente se manteñen na cidade da Coruña como exemplos dunha manifesta anomalía democrática.
Deixamos a continuación o video do debate plenario sobre o asunto: