Novas do asociacionismo memorialista

O Subdelegado do Goberno en Ourense ignora a alerta sobreo cárcere que lanzan os colectivos de memoria

Eladio Santos desenténdese da petición do activismo da memoria histórica sobre a necesidade de que o Estado interveña no vello cárcere de Ourense.

Representantes dos colectivos Amigos da República de Ourense, Comité pola Memória Histórica do
Val do Límia e Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova reuníronse a semana pasada
co Subdelegado do Goberno en Ourense
, Eladio Santos, para que alertara ao Goberno da
situación do cárcere de Ourense co fin de que o Ministerio de Memoria Democrática incoase de
oficio o expediente de declaración do espazo como lugar de memoria.

A petición caeu en saco todo se atendemos á comunicación do resultado da reunión difundida
en nota de prensa pola Subdelegación na que non se nomea o obxecto da mesma
, solicitada
polos colectivos de memoria con ese fin e non outro. O Subdelegado non só ignora a nosa
demanda senón que utiliza a reunión e a fotografía da mesma para difundir outras informacións
que nada teñen que ver co asunto que tratamos.


Diante da manipulación e o desprezo dos colectivos de memoria e das vítimas que representamos,
dirixirémonos directamente á Secretaría de Estado para lle trasladar a nosa preocupación polo
abandono do cárcere de Ourense
e a oportunidade de utilizar o mecanismo da declaración como
lugar de memoria para avanzar cara a súa recuperación.

Colectivos asinantes:
Amigos da República de Ourense
Comité pola Memória Histórica do Val do Límia
Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *