Opinión

Unha singular pegada da rapiña dos Franco no Pazo de Meirás

Chama poderosamente a atención como algunhas persoas do ambito académico empregan letras gordas para atacar calquera vinculación do Pazo de Meirás coa Memoria da barbarie franquista e a necesaria recuperación e resignificación deste inmoble. Unha anomalia que unha sociedade que se teña por democrática ten que facer por convicción.

Tamén sorprende que estos ataques vaian sempre vinculados ao legado da memoria de Emilia Pardo Bazán, sobre o que mantiveron silenzo complice nos 47 anos nos que os descendentes do ditador Franco rapiñaron e espoliaron todo tipo de bens en Meirás. Algúns de grande valor histórico e cultural, como un elemento singular que formaba parte do deseño e a impronta que lle deu no seu día na construcción das Torres de Meiras.

Trátase dunha imaxe do século XII que estaba ubicada na capela das Torres de “Nuestra Señora de la Antigua“. Así o deixou documentado a propia Emilia Pardo Bazán a través dunha postal que mandou imprimir como imaxe xa das Torres de Meirás, como podemos ver na mensaxe escrita nunha desas postais pola escritora a súa amiga Carmen Miranda Armada en 1906, un ano antes de mudarse do Pazo de Meirás, ás Torres e que se conserva no arquivo da Real Academia Galega.

Emilia Pardo Bazán quixo que esta imaxe ubicada na capela, tivese tamén un lugar privilexiado na fachada principal das Torres dentro dos múltiples elementos de cantería que deseñou e mandou realizar a propia escritora, e que podemos observar en detalle na seguinte composición dunha fotografía recente das Torres de Meirás.

O propio Franco venerou a esta imaxe nas misas privadas que diariamente celebraba na capela das Torres de Meirás durante as súas estancias de verán e que oficiaciaban o capelán do “Palacio del Pardo” Jose María Bulart Fernández e a partir de 1966 o cura párroco de Meirás Antonio Pazo Buján. A imaxe da virxe pode verse nun dos Nodos que daban conta das estancias do ditador e o seu séquito no Pazo de Meirás. Concretamente nunha reportaxe do NODO do ano 1966 titulado “Franco en el Pazo de Meirás” no que pode verse unha escena de Franco, na primeira misa que oficiaba na capela da Torres o daquela cura párroco de Meirás.

Reproducimos a captura dunha imaxe dese Nodo onde pode verse a imaxe da virxe do século XII:

No momento da morte de Franco as Torres e o conxunto do Pazo de Meirás acumulaban un sen fin de antigüidades e obras de arte de grande valor que o Nodo describía así en 1966: “existen en el Pazo de Meirás valiosos recuerdos y colecciones

Estos “recordos” e “coleccións” de valor consitían, ben nos elementos que foran propiedade no seu momento de Pardo Bazán, ben en elementos espoliados ao patrimonio das administracións públicas, ou ben por espolio do patrimonio público ou privado que rematou pola intervención dos Franco no Pazo de Meirás.

Será neste periodo, tras a morte de Franco, cando boa parte deste Patrimonio vai desaparecer de Meirás. Entre os múltiples elementos que sacarán os heredeiros do ditador Franco, vai esta esta imaxe do século XII, colocando outra de escaso valor no seu lugar na capela, e que se pode ver na imaxe que pecha este artigo.

Un cambiazo tremendamente lucrativo dos Franco. Unha rapiña que sí atenta contra a memoria e o legado a de Emilia Pardo Bazán de xeito singular, ao que se sumarían moitos outros elementos. Feitos estes que nunca veredes denunciar a aqueles académicos e mesmo á elitista asociación “pro legado” de Pardo Bazán.

37 veráns pasou o ditador en Meirás. 47 os seus heredeiros. Nunca unha palabra dixeron sobre o legado. E nada, claro está da desaparación desta imaxe, que leva memoria de Emilia Pardo Bazán.

Nada lles molestaba ata que a memoria das vítimas do franquismo conseguimos avanzar en Meirás. Esto é que os importuna. Ningunha outra cousa.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *