Vitoria do memorialismo galego e a memoria histórica antifranquista: O Pazo de Meirás, Público
Diante da sentenza dada a coñecer no día de hoxe, a CRMH da Coruña emite a seguinte primeira valoración:
1.- A confirmación da propiedade pública do Estado é unha vitoria no xurídico-legal (desestimando os recursos dos Franco) pero, sobre todo, é unha vitoria do memorialismo galego e da mobilización social e cidadá que, desde hai anos, e coa fundamentación previa de traballos de investigación realizados desde o activismo social, viña demandando a adopción polo Estado de medidas xudiciais reivindicatorias e de propiedade sobre o inmoble.
O fallo do Supremo confirma a propiedade pública do Pazo e tamén as prácticas fraudulentas, ilícitas e coercitivas e de expulsión sobre vecindario de Meirás que perpetrou o ditador Franco e os aparellos do Estado Como tamén confirma que o Pazo estivo afectado ao servizo público da Xefatura do Estado, sendo o Estado o que asumía, en concepto de dono, os gastos.
2.- Respecto da liquidación posesoria (que o Supremo confirma como de boa fe) a CRMH discrepa desa parte do fallo, con independencia de que xa se tiña advertido do erro procesual da avogacía do Estado, ao incluír na demanda tal posesión (remitindo ao informe da Comisión de Expertos do Parlamento de Galiza).Algo que resulta especiamente dificil de comprender para a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e merece unha reflexión como sociedade democrática.
A sentenza do Supremo omite, sen embargo, que tal Ditame contou no seu momento (xuño 2018) cun voto particular do representante do Concello de Sada, no cal xa se advertía de que a demanda debía incluír a posesión de mala fe.
En todo caso, desde a CRMH instamos ás administracións a que no trámite de execución de sentenza referido á cuantificación da liquidación posesoria (polo período comprendido entre o 20/11/1975 e a data de emprazamento xudicial dos Franco) se opoñan e combatan as pretensións dos Franco.
3.- O fallo do Supremo, unha vez sexa firme, obriga á cancelación das inscripcións rexistrais, pasando o Estado a ter a propiedade plena do Pazo e plena disposición do mesmo, o cal supón que o Estado xa non vai ter desculpa nen motivo impeditivo para proceder á execución das obras necesarias para poñer a integridade do Pazo ao uso e servizo públicos, incluíndo todas as dependencias.
Ao mesmo tempo, dito uso e servizo públicos deben estar amparados nun Convenio de xestión inter-adminisrtratico, participado coas entidades memorialistas, que determine as condicións e réxime de dito ben como lugar de memoria democrática (sen prexuizo de incorporar a referencia histórica á vida e obra de Pardo Bazán).
4.- Compre de xeito urxente resignificar o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria, e esiximos que as asociacións memorialistas galegas que tivemos un lugar signiificado en todo o proceso de investigación, reivindicación e divulgación do espolio de Meirás, deixemos de estar excluídas na participación do papel que no futuro debe representar o Pazo de Meirás.
5.- A propiedade pública (estatal) do Pazo, non impide, nin debe impedir, a súa cesión modal á Xunta de Galiza, o cal demandamos desde a CRMH, con independencia de que dita cesión modal inclúa a futura xestión inter-administrativa (Xunta-Estado-Concello de Sada) de dito ben.

