Actualidade

A CRMH da Coruña adhirese á campaña “liberdade de ser e sentir”

#seresentir é unha campaña e programa de actividades que promove a Deputación da Coruña, con motivo da conmemoración do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+. Apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

En Galiza, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».


A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.

Podes adherierte ou ampliar información premendo no seguinte banner

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *