Actualidade

A Memoria Diversa

Partillamos a intervención de Aurora Paz en representación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, no Congreso “A Memoria diversa” organizado pola Deputación da Coruña.

A recuperación da memoria LGBTIQA+ tamén pasa pola conservación de documentos, testemuños e arquivos que permiten reconstruír historias esquecidas e preservar o legado dos movementos sociais e dar a coñecer o pasado ás novas xeracións.


Nesta mesa de Memoria Diversa participan representantes da Fundación 26 de Diciembre (Víctor Mora), da Asociación Palestra (Fito Ferreiro) e da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (Aurora Paz) para compartir experiencias e proxectos centrados na conservación da memoria queer. Presentou a mesa Sara Covas, de Arelas Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans. Un diálogo arredor dos arquivos como ferramentas de coñecemento, reparación e visibilización das vidas e loitas das persoas LGBTIQA+.


Na pausa café do evento, o investigador Víctor Mora fixo una visita guiada á mostra “Arquivo de Memoria Afectivas LGBTIQ+ “ da Fundación 26 de Diciembre, creada para preservar e difundir a memoria histórica e cultural da comunidade LGBTIQ+ a través da recopilación, dixitalización, exposición e arquivo de testemuñas, documentos e obxetos que reflictan as súas vivencias, loitas e logros, coa fin de fomentar o recoñecemento, respecto e valoración da diversidade afectiva e de xénero.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *