A Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática incoa dilixencias preprocesais ao Concello da Coruña para acreditar e valorar o cumprimento da Lei 20/2022 en materia de simboloxía franquista
A fiscal require ao Concello da Coruña a emisión dun informe sobre as actuacións realizadas para o cumprimento da Lei de Memoria Democrática, e no seu caso, ás razóns do seu incumprimento Legal
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) quere dar a coñecer, que desde o pasado 20 de febreiro, unha delegación da Xunta Directiva da nosa asociación iniciou contactos coa Fiscal de Dereitos Humanos e Memoria Democrática con sede en Ferrol, para solicitar a súa intervención diante dos numerosos incumprimentos, constantes no tempo por parte do Concello da Coruña, en materia de retirada de elementos e símbolos contrarios á memoria democrática na cidade recollidos na Lei 20/2022 de Memoria Democrática.
Neste sentido, a CRMH da Coruña remitiu á Fiscal documentación relativa a acordos de órganos de participación cidadá, como o Consello da Memoria Democrática (que encargou un informe ao Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses no ano 2019 sobre esta cuestión) como do propio pleno da Corporación, que adoptou diferentes acordos sobre a retirada da simboloxía franquista en espazos públicos da cidade, e das honras e distincións concedidas no seu día pola ditadura, a personaxes franquistas.
Recentemente notificóusenos o acordo da fiscalía pola que se incoan dilixencias Preprocesais a este respecto. Reproducimos a continuación o texto literal:
Le comunico que en base a la información y las peticiones planteadas en la comparecencia de 20 de febrero de 2026 se acordó en Decreto de la Fiscal de Derechos Humanos y Memoria Democrática de la provinicia de A Coruña lo siguiente:
– Incoar Diligencias Preprocesales que se registrarán con el número 11/26 con el objeto de realizar las actuaciones necesarias para la acreditación y valoración jurídica del cumplimiento de la Ley de Memoria Democrática por el Ayuntamiento de A Coruña respecto de los bienes y elementos contrarios a la Memoria Democrática, con la práctica de la siguiente diligencia:
– Requerir al Ayuntamiento de A Coruña para que emita informe sobre actuaciones realizadas para el cumplimiento de la Ley 20/2022 y, en su caso, las razones de su incumplimiento legal.
– Póngase en conocimiento de la Comisión para la Recuperación de Memoria Histórica de A Coruña la incoación de las presentes Diligencias Preprocesales.
En relación con este acordo da fiscalía, a CRMH da Coruña quere facer as seguintes valoracións:
- Resulta incompresíbel a actitude do Concello da Coruña, incumprindo sistematicamente acordos, ditames ou ignorando informes que encarga a propia administración en relación coa retirada de símbolos, honras ou distincións contrarios á memoria democrática, como o realizado polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses que afecta a símbolos, honras e distincións de 14 destacados alcaldes, dirixentes ou beneficiarios do réxime franquista mediante os abusos, a represión ou a barbarie. Pode consultarse nesta ligazón: https://memoriadacoruna.gal/wp-content/uploads/2026/01/DOCUMENTO-2.pdf
- O Concello da Coruña non só incumpre de xeito sistemático os acordos que lle obriga a Lei de Memoria. Tamén o fai co réxime de sesións do Consello Municipal de Memoria e cos acordos que adopta tamén neste órgano. Sen ir máis lonxe, o pasado 23 de febreiro, este Consello acordaba celebrar nova reunión o 24 de marzo co fin de dar conta das actuacións levadas a cabo por parte do Concello, precisamente para dar conta do grao de cumprimento da Lei de Memoria en materia de simboloxía. Dita reunión foi suspendida polo Concelleiro de Memoria. Suspensións e incumprimentos no réxime de sesións que son constantes neste Concello. Tan só nos últimos 12 meses houbo 3 suspensións de reunións do Consello da Memoria.
- Estes constantes incumprimentos mantidos no tempo, converteron na práctica á cidade da Coruña nunha triste “reserva” singular da simboloxía franquista no que ten que ver co mantemento de elementos e símbolos contrarios coa memoria democrática, sen competencia con outras cidades do estado español. Esta circunstancia fixo que a CRMH da Coruña presentase peticións de reunións tanto coa alcaldesa da Coruña, como co Delegado do Goberno en Galiza, sen contestación a día de hoxe. Tamén solicitamos o pasado 21 de xaneiro á Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática a inclusión no Catálogo de símbolos, honras e distincións contrarios á memoria democrática, que regulamenta o RD 1040/2025, a incorporación dos símbolos citados, no comentado informe do Instituto Jose Cornide Estudos Coruñeres.
- Desde a CRMH da Coruña non somos quen de comprender como un asunto tan sensíbel, que nos apela como sociedade democrática, e que resulta tan vital para avanzar no modelo de liberdades e convivencia que queremos para o futuro da nosa cidade, sexa tratado con tanto desleixo, que obrigue a que teñamos que solicitar a actuación da Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática para contrastar o avanzado no cumprimento da Lei 20/2022. É preocupante que, despois de máis de 50 anos da morte do ditador Franco, teñamos que reclamar a unha institución como o concello o cumprimento da lei e a defensa dos valores democráticos.


