"Patronato de Protección a la Mujer"

Emotivo acto sobre o “Patronato de Protección a la Mujer” na Coruña este pasado mércores

Se algo quedou claro neste acto que organizamos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña é que queda moito que coñecer e divulgar sobre as institucións represivas femeninas no franquimo, e tamén no post-franquismo. Moita Verdade que recuperar, moita Xustiza diante de tanta impunidade, e reparación ás vítimas que sufriron vidas de represión absoluta.

Salomé da Torre e Elena Fariña e Cristina Rumbo deixannos estupefactos con relatos e historias de abusos que se producían en institucións coruñesas ligadas á igrexa católica. Abusos que chegaron ata ben entrada a década dos 90 do ano pasado.

O acto estivo conducido pola investigadora sobre este tipo de institucións represivas femininas a través do “Patronato de Protección a la Mujer” a quen queremos recoñecer e agradecer publicamente os seus traballos de investigación. Fundamentais para o coñecemento e divulgación destes abusos.

Tamén queremos agradecer fondamente ás mulleres valentes que participaron no acto do pasado mércores. Sabemos que non é doado compartir relatos como os que narrastes este mércores pasado no salón de actos do Circo de Artesáns da Coruña.

Partillar

Un comentario en «Emotivo acto sobre o “Patronato de Protección a la Mujer” na Coruña este pasado mércores»

  • Mil gracias por darles voz. Ya era hora. Ahora toca justicia.
    Mil gracias a las valientes que dieron testimonio.
    Mil gracias a Belén López Cillero por su trabajo y su implicación.

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *