O Pazo de Meirás e Casa Cornide a analise nunha nova Xornada organizada pola CRMH da Coruña
Este vindeiro mércores continuamos o ciclo de palestras programadas dentro das Xornadas que estamos a celebrar con motivo do 20 aniversario daComisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Coincidindo co 49 aniversario da morte do ditador Franco, adicaremos a Xornada a analizar determinados aspectos dos espolios do franquismo na Comarca da Coruña.
En concreto analizaremos o proceso de recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás, aínda en proceso xudicial. E o faremos desde unha visión novidosa e moi interesante ao noso entender. A perspectiva do mundo xornalístico que fixo seguimento do día a día da reivindicación, a reclamación xudicial, o debate do seus usos futuros e outros aspectos deste ben espoliado, desde a óptica dos medios de comunicación.
Para elo contaremos coa particicipación de Antares Pérez e Marta Otero do xornal La Opinión de A Coruña e Silvia R. Pontevedra do xornal El Pais que realizaron unha ampla cobertura dun proceso complexo como foi e é o caso do Pazo de Meirás, desde a profesionalidade e o rigor xornalístico.
A segunda parte desta Xornada estará adicada ao proceso de reivindicación da Casa Cornide para o patrimonio público e na que contaremos coa presenza de Carlos Aymerich, cooredactor do informe sobre vías de recuperación deste ben encargado no seu día polo Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña.
Esta Xornada terá lugar o mércores 20 de novembro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Circo de Artesáns da Coruña (Rúa Santo André 36).
Podes ampliar información e consultar o programa completo das Xornadas na seguinte ligazón: