Actualidade

ACAMPA convoca unha asemblea urxente para este xoves 9 de maio

A Rede Acampa, pola paz e o dereito ao refuxio, da que forma parte a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, convoca de maneira urxente unha Asemblea Aberta a todo o tecido social e cultural da cidade, á cidadanía, organizacións, entidades culturais e veciñais, partidos e sindicatos na que deseñaremos a estratexia unitaria de chamamento para o Minuto de Silencio pola infancia asasinada en Gaza e outras zonas en guerra, no marco do VIII Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio.

A asemblea terá lugar este xoves 9 de maio ás 19:00 h no Quiosco Alfonso, A Coruña,

Acudide!

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *