Camarada Fraga. Memoria dun franquista. O documental
A CRMH fai publico o documental Camarada Fraga unha vez celebrado o centenario do seu nacemento.
- CARA A E CARA B DO DISCO DA BIOGRAFÍA DE FRAGA
Xa coñecemos a biografía oficial, profusamente difundida: Manuel Fraga era un gran demócrata, trouxo a liberdade de prensa, home de Estado, pai da Constitución, honrado, galeguista etc. Cando se cumpre o centenario do seu nacemento, é un bo momento para difundir a biografía silenciada, a cara B dun Fraga con 35 anos de militancia franquista e servizos a unha ditadura criminal.
Non se trata de xulgar a traxectoria de Fraga desde as primeiras eleccións democráticas de 15 de xuño de 1977 até o seu falecemento. Queremos analizar o seu papel como membro activo da ditadura franquista e participante nun órgano colexiado, como o Consello de Ministros da Ditadura, que aplicaba unha política de “graves violacións dos dereitos humanos”, como sinalaba a Lei da Memoria Histórica de 2007.
O ditador Franco sempre estivo moi agradecido ao “Camarada Fraga” (era tamén o tratamento entre os fascistas) polos servizos prestados, como recollía o Decreto 154/1961, de 2 de febreiro do Caudillo Francisco Franco: “A propuesta del Ministro Secretario General del Movimiento, cesa el camarada Manuel Fraga Iribarne en el cargo de Delegado Nacional de Asociaciones de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, agradeciéndole los servicios prestados” (BOE de 9 de febreiro de 1961).
- PARA FRAGA A RESPONSABILIDADE DA GUERRA CIVIL FOI DA REPÚBLICA
“Los muertos amontonados son de una guerra civil en la que toda responsabilidad, toda, fue de los políticos de la II República. Toda!” (Manuel Fraga en El País, 2007).
Julián Casanova, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Zaragoza: “La Guerra Civil es resultado de un golpe de Estado y de una sublevación militar. Sin ese golpe de Estado habrían pasado muchas cosas pero nunca se hubiera abierto una Guerra Civil”.
- GRAN DEMÓCRATA
Unha biografía secuestrada. Falanxista desde 1937. Manuel Fraga afiliouse á Falanxe con 15 anos en 1937 porque “era lo más interesante en aquel momento”, segundo declaraba a Miguel Ángel Aguilar.
Simpatía polo fascismo e relacións con ditadores de todo o mundo. Negación do Holocausto xudeu e dos crimes da Inquisición española.
Promotor de AP, despois PP. Promove Alianza Popular, xuntamente con ministros da ditadura e significados franquistas, coñecidos como “Los Siete Magníficos”. Esta era a crónica do congreso fundacional, que confirma a orixe franquista do PP: “Neofranquistas entusiasmados celebraron su primer congreso. Los siete líderes de Alianza Popular anunciaron su federación y el paso hacia un partido único. Gritos de Franco, Franco de 3.000 fervorosos congresistas”. (Portada de Diario 16 do 7 de marzo de 1977)
Dirixentes do PP promoveron a Fundación Francisco Franco
Loubanzas ao ditador. Fraga consideraba que o xuízo da historia sobre Franco será positivo. Nunha entrevista no xornal italiano Corriere della Sera, Fraga deixaba clara a súa opinión do Réxime e do ditador Franco, que definía como un “pacificador” e valoraba así o seu mandato: “Ao final o xuízo da historia sobre Franco será positivo, tanto sobre 1939 como ao final en 1975”.
“Non ten ningún sentido intentar borrar a Franco. Sería como facer desaparecer a Isabel a Católica pola reconquistar Granada”. (EFE/La Voz de Galicia, 16-11-2005)
- SERVIDOR DO ESTADO
Isto dicía a Resolución 39 da Asemblea Xeral da ONU de 12 de decembro de 1946: “De acordo coa súa orixe, natureza, estrutura e conduta xeral, o réxime de Franco é un réxime Fascista baseado no modelo da Alemaña nazi de Hitler e a fascista de Mussolini, e estabelecido en gran parte grazas á axuda recibida dos mesmos”.
Fraga tiña outra opinión: “Es evidente que el glorioso alzamiento popular del 18 de julio de 1936 fue uno de los más simpáticos movimientos político-sociales de que el mundo tiene memoria. Los observadores imparciales y el historiador objetivo han de reconocer que la mayor y la mejor parte del país fue la que se alzó, el 18 de julio, contra un Gobierno ilegal y corrompido, que preparaba la más siniestra de las revoluciones rojas desde el poder” (Manuel Fraga Iribarne. Oficina de Información Diplomática,1949).
“El franquismo ha sentado las bases para una España con más orden. De hecho, no hay más que comparar la España de hoy con la de los años 30” (Entrevista en Faro de Vigo, 30-12-2007).
Servidor durante 35 anos dunha ditadura criminal e terrorista
Fraga sempre recoñeceu os seus servizos á ditadura. No libro de Vázquez Montalbán Mis almuerzos con gente inquietante (1984) dicía: “Serví lealmente a Franco. Serví al Estado franquista”.
- GALEGUISTA
Secuestro da obra de Castelao e represión contra o idioma galego
Prohibiu a difusión de Sempre en Galiza. Con Fraga de ministro de Información e Turismo e responsábel da censura, Alberto Míguez foi multado con 50.000 pesetas e condenado polo Tribunal de Orden Público (TOP) a seis meses de cárcere pola publicación en 1965 de El pensamiento político de Castelao pola editorial Ruedo Ibérico. Todo isto non impediu a Fraga entregar fachendoso os Premios Castelao.
En 1962 un xornal usa Carballiño e o ministro Fraga Iribarne ordena que sexa Carballino. En 1967 censúrase unha obra de teatro porque contén o poema “Lingua proletaria do meu pobo” e Fraga impide que haxa misa en galego na radio.
- FIGURA FUNDAMENTAL NA TRANSICIÓN. PAI DA CONSTITUCIÓN
Despois da morte de Franco non quería legalizar a todos os partidos
Prohibición de manifestacións. Os sindicatos e a oposición preparaban o 1º de maio de 1976 e Manuel Fraga, daquela ministro de Gobernación, prohibía todo tipo de manifestacións.
Xustificación do Estado de Excepción e da represión. Fraga xustificaba así o Estado de Excepción de 24 de xaneiro de 1969: “para luchar contra las acciones minoritarias sistemáticamente dirigidas a alterar la paz española (…) y evitar que se arrastre a la juventud a una orgía de nihilismo y anarquía”. Estaba en Londres o 20 de maio de 1974, de embaixador no Reino Unido, e cando un reporteiro da axencia Reuters pregunta con que lexitimidade se constituiría o novo goberno, Fraga responde: “¡Con la legitimidad de las metralletas!”
O 3 de marzo de 1976 cinco traballadores eran asasinados pola policía en Vitoria á saída dunha asemblea pacífica, celebrada nunha igrexa, e Fraga declaraba: “El que no haya aprendido la lección de Vitoria, él verá lo que hace (…) el que quiera plantear la lucha, la tendrá. Con todas las consecuencias. ¡Dejémonos de pamplinas!”.
“Pacto del olvido”. Manuel Fraga era moi claro: “Aquí hubo una amnistía, y amnistía quiere decir no solamente mutuo perdón, sino mutuo olvido. Amnistía quiere decir amnesia, y eso, insisto, quiere decir olvidar, olvidar” (entrevista de María Antonia Iglesias en El País, 12-8-2007).
Los GAL eran un “Movimiento de autodefensa”. Fraga xustificaba os crimes dos GAL e en 2002 manifestábase en contra do esclarecemento deses crimes. Cualificou este terrorismo de Estado como “Movimiento de Autodefensa”.
- HONRADO O E BO XESTOR
Promotor do financiamento ilegal do PP. A militancia en AP, despois PP, de significados contrabandistas e narcotraficantes era de dominio público. As súas doazóns ao partido chegaron a 1.000 millóns de pesetas entre 1980 e 1990. O sumario da Gürtel recolle que dos 12 millóns de euros que o PP habería pagado en diñeiro negro para organizar actos electorais en distintas comunidades autónomas, 5,9 millóns de euros poderían corresponder a Galiza.
- BOA PERSOA
Comportamentos inhumanos. Cando en 1963 había unha folga de mineiros en Asturias, Fraga chamou “piojosas” ás mulleres dos mineiros que foron rapadas no cuartel da Garda Civil, golpeadas, humilladas e paseadas polas rúas de Langreo.
En 1969 era asasinado pola policía en Madrid o estudante de Dereito Enrique Ruano Casanova, de 21 anos e membro do Frente de Liberación Popular (FLP). Fraga chamou ao pai de Ruano para lembrarlle que tiña outra filla, para ameazarlle e esixir que calara.
Cando se solicita permiso para que o poeta Luís Cernuda puidese regresar a España desde o exilio, o ministro Fraga declaraba: “¡Que se quede donde está, ya tenemos bastantes maricones en España!”.
- TROUXO A LIBERDADE DE PRENSA
Peche de xornais, expedientes e sanción a medios de comunicación. Fraga multaba con 50.000 pesetas ao subdirector de La Voz de Galicia, Francisco Pillado Rivadulla. Pola publicación dun artigo de Augusto Assía “Sobre el idioma gallego”, o 26 de xullo de 1968. Este mesmo xornal recibía numerosas multas pol
a información sobre as mobilizacións de estudantes na Universidade de Santiago.
- UN TECNÓCRATA NO GOBERNO
Fraga non pasaba por alí, estaba no consello de ministros participando na represión. A ditadura asasina a Julian Grimau, diixente comunista. Fraga dirixía, como Ministro de Información, unha campaña de prensa para desacreditar a Grimau e cando é executado manifestaba: “mañana daré un dosier para que quede claro quién era este caballerete”.
Asasinatos de Vitoria e Montejurra. Durante o mandato de Fraga como Ministro de Interior, a policía asasinaba a cinco traballadores en Vitoria á saída dunha asemblea pacífica nunha igrexa o 3 de marzo de 1976 con motivo dunha folga laboral.
Opinións sobre Fraga. José Manuel Caballero Bonadl, escritor e premio Cervantes 2012:
“Fraga se convirtió en uno de los máximos secuaces de la camarilla de Franco y sus actuaciones represivas propiciaron durante años la falta de libertades y la persecución de disidentes. Fue en puridad un cómplice de algunos de los asesinatos llevados a cabo en la última década del franquismo”.
- A RESPOSTA CÍVICA
Fraga perde distincións. O Pleno de Ferrol de 25 de abril de 2019 acordaba retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo concedida en 1965. Cedeira cambiaba en 2020 a avenida Manuel Fraga por Fraternidade e retiráballe a distinción de Fillo Adoptivo.
Non queremos o “Camarada Fraga” como Fillo Adoptivo. Este manifesto, promovido por 43 presas e presos políticos de Galiza na ditadura, foi apoiado por 63 historiadoras/es e 56 entidades de toda Galiza. Acababa así:
COMO SERVIDOR DO FRANQUISMO E MINISTRO DUNHA DITADURA CRIMINAL, MANUEL FRAGA NON MERECE RECOÑECEMENTO SOCIAL, NIN A DISTINCIÓN DE FILLO ADOPTIVO.