Actualidade

A CRMH da Coruña convoca asemblea da “Plataforma Galiza pola República” na comarca da Coruña

Coincidindo co próximo 10º aniversrio da coroación de Felipe VI, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, convoca asemblea aberta da Plataforma Galiza pola República e o dereito a decidir na comarca da Coruña. A asemblea terá lugar o Luns, 13 de maio de 2024 ás 19:00 horas Circo de Artesáns, rúa Santo André 36-1º (aula de xadrez)

Cando abdica o rei Juan Carlos, máis de vinte organizacións da comarca da Coruña celebramos varias reunións, a iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
(CRMH), para dar unha resposta unitaria de rexeitamento da monarquía e, coincidindo coa coroación de Felipe VI, convocamos unha manifestación o 19 de xuño de 2014, coa participación
de máis de 3.000 persoas, baixo o lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR. O escritor Manuel Rivas leu o manifesto ao final da manifestación.

Por outra parte, coincidindo co 50º aniversario (1969) da designación de Juan Carlos polo ditador Franco como o seu sucesor na Xefatura de Estado, constituímos unha plataforma cívica que,
lembrando a manifestación de 2014, aprobaba o manifesto GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR, que convocaba unha concentración no Obelisco o 23 de xullo de 2019.

Cúmprese agora o 10º aniversario da coroación de Felipe VI, que vai ser aproveitado polas forzas políticas monárquicas para fortalecer a monarquía e trasladar á sociedade unha exaltación do rei
Felipe VI.

Non podemos calar porque hoxe temos aínda máis razóns para acabar con esta monarquía corrupta, herdeira do franquismo, e lembrar que Galiza non ten rei. Por iso convocamos esta asemblea aberta con estes puntos a tratar, entre outros:
1. Participación nunha asemblea de Galiza pola República en Santiago, manifesto e posíbeisactividades a nivel nacional.
2. Posíbeis actividades na nosa comarca.
– Presentación dunha moción nos plenos municipais.
– Difusión dun cartaz e un folleto.
– Festival pola República
– Intervención desde o escano cidadán
3. Creación dunha coordinadora da comarca da Coruña.
4. Outros.

Esperando contar coa participación da vosa entidade, recibide un cordial saúdo.

A Coruña, 8 de maio de 2024
Máis información no teléfono 665998574

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *