20 aniversario da CRMH da Coruña

A asemblea de constitución da CRMH da Coruña

Esta era a situación en 2004. O Pleno municipal de 6 de xullo dese ano rexeitaba cos votos do PSOE (tiña maioría absoluta) e do PP unha moción do BNG para a retirada da simboloxía franquista. Así recollían esta situación en titulares os medios de comunicación:

A CORUÑA ES LA CAPITAL GALLEGA CON MÁS SIMBOLOGÍA FRANQUISTA, SEGÚN UN ESTUDIO (El Ideal Gallego, 15-4-2004).

EL BNG PIDE AL ALCALDE QUE RETIRE LOS SÍMBOLOS FRANQUISTAS DE EDIFICIOS PÚBLICOS Y CALLES (La Opinión, 27-4-2004).

36º CONGRESO DEL PSOE: EXIGENCIA A LOS ALCALDES PARA QUE RETIREN SÍMBOLOS FRANQUISTAS (El País, 4-7-2004).

FRANCISCO VÁZQUEZ RECHAZA ABOLIR SÍMBOLOS FRANQUISTAS EN A CORUÑA (El País, 6-7-04).

VÁZQUEZ MUESTRA A CORUÑA COMO UN MODELO DE MEMORIA HISTÓRICA.

Asegura que la polémica sobre los símbolos franquista es una “intoxicación interesada” (El Ideal Gallego, 7-7-2004).

VÁZQUEZ LLAMA FASCISTA AL BNG POR LA POLÉMICA DEL CALLEJERO

Aseguró en Radio Voz que no se eliminarán las referencias que quedan de la dictadura. Ya se hicieron los cambios que debieron hacerse (La Voz de Galicia, 10-7-2004).

Ante esta tolerancia co franquismo, reunímonos en asemblea aberta o 9 de novembro de 2004 en Portas Ártabras e decidimos constituír unha comisión para a recuperación da memoria histórica.

A carta de autoconvocatoria desta Asemblea, que enviou Manuel Monge, dicía que “un pobo sen memoria non poderá aprender dos erros do pasado e non estará en condicións para conquistar o futuro”. Lembraba o que dicía o historiador Hugh Thomas: “Quen esquece o pasado enfróntase a un futuro incerto”. Falaba de dignidade, de “defender e consolidar a democracia e impedir que as ideas do fascismo e da ditadura prendan novamente na sociedade”. Lembraba a represión franquista: “É de xustiza que recuperemos a memoria de todas as persoas que sufriron persecución e ata a morte por defenderen a República e a legalidade constitucional. Durante o franquismo, segundo datos dos arquivos militares, 500.000 persoas sufriron prisión por motivos políticos e 150.000 foron fusilados por cometer o delito de auxilio á rebelión”.

Remataba así: “hai que suprimir a simboloxía franquista das prazas, rúas, edificios, monumentos etc. dos nosos concellos. Todos sentimos unha vergoña tremenda cando hai uns meses os medios de comunicación daban a noticia de que A Coruña é a cidade galega con máis simboloxía franquista. Os nomes das rúas, os monumentos etc. non son só arquivos da memoria, senón que son tamén elementos fundamentais para unha educación moral e política de cidadanía e deben servir para fomentar o respecto e a defensa das institucións, da democracia e da legalidade constitucional. Fronte a quen pretenden manter esta simboloxía franquista con referencias á tolerancia, considero que debemos responder con firmeza e defender unha tolerancia cero co franquismo”.

Asemblea de constitución da CRMH. Fotografía de César Quián, La Voz de Galicia, 10-11-2004

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *