Dispoñible aquí o formulario para anotarte á cea da República 2024
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organiza para o vindeiro sábado 13 de abril, ás 21:00 horas, a Cea da República. Durante este evento entregarase a Jesús Castro Vidal, o premio de Republicano de Honra 2024.
Esta cea forma parte da programación de actos que a CRMH da Coruña organiza, co fin de conmemorar o Día da República, e terá lugar no Hotel Meliá Maria Pita da Coruña.
Para anotarte, podes chamar ao teléfono 681121222 (Sonia Sainz) ou anotarte no formulario que tes a disposición nesta páxina.
O prezo a abonar será de 35 euros, e cobrarémolo en metálico o mesmo día da cea no hotel.
Debes indicar obrigatoriamente, ademais dos teus datos persoais, a tua preferencia sobre o segundo prato do menú da cea, escollendo no formulario entre menú de peixe, carne o vexetariano.
O prazo para anotarse rematará o venres 5 de abril. A partir desa data non se garante que existan prazas dispoñibeis nin elección de Menú.
- MENÚ DE PEIXE. (Lombo de bacallau con pisto manchego e toque picante). (*)
- MENÚ DE CARNE. (Agulla de porco estofada sobre cremoso de pataca de allo confitado e cogumelos do bosque). (*)
- MENÚ VEXETARIANO (1º prato. Ensalada de verduras asadas e crudités vexetais. 2º prato. Berenxena asada con miso e mel sobre crema tofu. Postre. Ensalada de froitas en sopa de cenoria e xenxibre)
(*). O primeiro prato dos Menús de peixe e carne consistirán en ensalada de rulo de cabra, cecina e vinagreta de froitos vermellos. O postre, Tarta de Santiago con xelado.

Partillar