20 aniversario da CRMH da Coruña

O Resplandor no abismo. Roteiro da Silva.

A Coruña tiña en 1936 un potente movemento anarquista, con 15.000 afiliados á CNT. Había tamén máis de dez ateneos libertarios ou centros de estudos (un deles, O Resplandor no Abismo, na Fontenova). A Silva foi un dos barrios coruñeses máis castigados pola represión franquista. Beatriz Gómez Amigo ten contabilizado un número de, polo menos, 39 persoas represaliadas (13 fusiladas): José Boedo López, Holando Mosquera Rodríguez, Arturo Meirás Martínez, Fernando Pombo Segade, Félix Ramón –Maragato–, José Antonio Boedo Núñez, Manuel Boedo Núñez, Manuel Vázquez Lago, Luís Lafuente Naviera, Francisco Díaz Moreno, Enrique Roca Gantes, José Castro Añón, Francisco Longueira Pita, José Longueira Bermúdez, José Mosquera Souto, Tomás Longueira Bermúdez, Manuel Seoane Díaz, Alejando Basilio Palacios, Manuel Santamaría Rodríguez, José García Vázquez, Ángel Veiga Neira, José Valiño López, Juan Boedo Pardo, Manuel Díaz Moreno –o Talacha–, Andrés Seijas Salgado, Alfonso Vázquez Veiga –o Durruti da Silva–, Amador Bermúdez Díaz, Marcelino Seijas Díaz, Fernando Seijas Díaz, Arturo Valeiro Casares, José Matos Vázquez, Aurelio Pardo Balay, Rafael Naya, Edmundo –dos Genaro Solla–, Julio Roca Gantes, Dolores Boedo Núñez.

O 15 de xuño de 2006 a CRMH organizou unha homenaxe ás vítimas da represión franquista na Silva, cun roteiro polos lugares do barrio onde vivían ou viven represaliados –A Benela, Cances, Fontenova–. Realizamos unha lectura de textos e entregamos unha rosa ás familias. Entre outras, houbo unha parada na casa dos Boedo, lembrando que foron asasinados polos fascistas o pai e un irmán de Pucho Boedo e unha parada na casa onde estaba o ateneo “O Resplandor no Abismo”. Contamos coa colaboración, entre outros de Dionisio Pereira, Eliseo Fernández, Luís Lamela, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Emilio Grandío e Xosé Manuel Sánchez, gaiteiro de Cances.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *