Republicanas de Honra

Camilo de Dios Fernández (Republicano de Honra 2016)

Guerrilleiro da patria asoballada ferramenta de verdade e de basoiras, a túa palabra anuncia mañás loiras e colleitas de luz nas madrugadas (Manuel María)

Na década dos corenta e nos primeiros anos cincuenta, a guerrilla foi en Galiza a única, irta e duradeira oposición activa ao franquismo, usando na forma e nos feitos a democracia armada, a loita guerrilleira, a dos soldados da república, como gusta dicir Camilo de Dios.

En 1979 coñecín no seu Sandiás da Limia a Camilo de Dios, de quen pouco máis sabía daquela que andara na II Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Din cun home grande, tranquilo nas formas, de conviccións ben firmes, combativo, bo amigo, gran conversador e cun gran sentido do humor, características todas elas que o Camilo mantén hoxe.

A biografia do Camilo de Dios, nado en 1933. ten relación directa cun compromiso ético e político que lle ben de familia, como fillo de Jesús de Dios e de Carmen Fernández Seguin, militantes do Partido Comunista dende 1932. xente medianamente acomodada. Canda a sublevación militar-fascista de xullo do 1936 a parella, deixando os fillos coa familia, debeu acollerse “preventivamente” a un refuxio amigo pola parte do Melgaço portugués, regresando en 1940; en 1937 as novas autoridades tiñaniles expropiado casa, fincas, gando, vehiculos…. sendo quen eles de remontar esas dificultades e as que viñeron despois.

Guerrilleiro antifranquista e home de ben

Guerrilleiro da patria asoballada ferramenta de verdade e de basoiras, a túa palabra anuncia mañás loiras e colleitas de luz nas madrugadas (Manuel María)

Camilo de Dios comezou como enlace da guerrilla dende rapaz, ás veces como tapadeira da súa nai, viúva dende 1945. Con trece anos, disfrazado de seminarista con sotana e bonete (se se lle achegaba algún curioso, él disimulaba lendo nun breviario relixioso), viaxaba no tren de Ourense ata A Coruña buscar propaganda e instrucións da dirección guerrilleira, municións que saian clandestinamente da Fábrica de Armas.

Camilo participou en 1947 na súa primeira acción, sorpresiva, incruenta e de abastecemento: con outros catro adolescentes “expropiáronlles” fusis e pistolas 20s falanxistas de Vilar de Santos. Incorporado dende entón á clandestinidade armada, a súa magnifica forma fisica levouno à guerrilla de choque ou guerrilla volante, coa que Camilo participou en asaltos, en moitas sabotaxes e varios combates senlleiros, atopando repouso axeitado nunha base ben acomodada perto da fontes do Bibei, na serra de San Mamede, na que tamén estaban a súa nai e o seu irmán Perfecto, con eles Benigno Fraga, e-nun ou outro intre- José María Saavedra. Servando Cudeiro, Antonio Pérez Barreira, Máxima Novos Juan Selas, Enrique Rey, Juan Sorga, Raul Castro, Saúl Mayo, José Cerviño, Manuel Rodriguez… En outubro do 1948 Camilo viaxou ata Coruña para, con outros vinte guerrilleiros, asaltar o cárcere a man armada e librar da execución a José Gómez Gayoso e Antonio Secane, máximos responsables en Galiza da dirección comunista e guerrilleira, mais unha Bitración impediu o rescato e Gayoso e Secane foron agarrotados o 6 de novembro da 1948.

Camilo de Dios continuou na guerrilla ata a “bataila” do 18 de marzo de 1949, cando no arrabaldo ourensán de Velle un grupo de seis guerrilleiros que preparaban a eliminación de tres coñecidos represares, foron cercados por un numeroso

destacamento da Garda Civil ao que se sumou o exército; despois dun irto e longo combate urbano no que morreron dous gardas e tres guerrilleiros, sendo capturados feridos graves os outros tres. Despois de case sesenta días de torturas, foron xulgados e condenados a morte, sendo executado José María Saavedra en Coruña o 23 de xullo do 1949. Ao Antonio Pérez Barreiro e ao Camilo de Dios Fernández conmutáronlles por trinta anos, no segundo caso “en atención a su edad”, pois Camilo apenas tiña dezasete anos.

Na primavera de 1950, caída a Il Agrupación, Carmen Fernández, o seu fillo Perfecto, Manuel Rodriguez e Juan Sorga fuxiron cara Castela simulando ser seitureiros, mais nun enfrontamento coa Garda Civil nun pobo de Ávila caeu Perfecto de Dios e a súa nai foi detida, fuxindo Juan Sorga e Manuel Rodriguez, quen, capturado, foi executado en Madrid.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *